Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

9,00 horas (Salón de Plenos) Pleno do Concello do mes de xaneiro

 

19,00 horas (Salón de Plenos) Sorteo dos Premios da campaña de apoio ao comercio local “Pide un desexo, Ourense centro comercial de Nadal”. As persoas que compraron desde o día 4 de decembro ate o 5 de xaneiro nos establecementos comerciais da cidade recibiron unha bóla de Nadal, na que podían escribir un desexo para entregala posteriormente no Box dos desexos.

Sortearanse premios consistentes en 1 viaxe a Disnelyland Paris e 1 viaxe a Warner Park en Madrid (ambos para dúas persoas adultas e unha crianza), 2 estancias en Caldaria Spas para familias, e ceas en restaurantes da cidade. A campaña foi desenvolvida polo Concello coa colaboración de Abanca, Unión de Hosteleiros Ourensanos, Caldaria, Logitravel e Xunta de Galicia.

 

20,00 horas (Praza Maior) Concentración de condea á violencia machista convocada polo CIMM.