Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

10:00 horas (Salón de Plenos). Presentación da XIV Copa de Clubes de Pista Cuberta que se desputará en Expourense o 7 de xaneiro. Asiste o alcalde, Jesús Vázquez; así como o vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández; o director xerente de Expourense, Alejandro Rubín; o presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos; e o concelleiro de Deportes, Mario Guede.

 

11:00 horas (Hall do CHUOU). Final da campaña "Fabricando Sonrisas". Entregaranse xoguetes aos nenos de Pediatría realizados no taller que se desenvolveu en La Molinera. Asisten o alcalde, Jesús Vázquez, e o concelleiro de Promoción Económica, Jorge Pumar.

 

17:55 horas (Estación Empalme). Hora prevista de chegada do tren procedente de Oriente cos Reis Magos. Ás 18:15 horas comezará a Cabalgata que culminará na Praza Maior en torno ás 19:15 horas, momento no que as súas maxestades serán recibidos polo alcalde e membros da Corporación, e saudarán aos nenos desde o balcón principal.