Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

11,30 horas (Praza Maior) Presentación da campaña de concienciación para sensibilizar da importancia de non botar as cabichas na rúa, que poñen en marcha o Concello e Ecourense. Asistirá o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e o concelleiro de Medio Ambiente, José Araújo.

 

12,30 horas (Salón de Plenos). Sinatura dos convenios coas entidades sociais e do ámbito sanitario de Ourense. Aberto a medios e con declaracións se o requiren

 

PROGRAMACIÓN DE NADAL PARA O MARTES 26 DE DECEMBRO

 

Open Internacional Xadrez, aninovo Barrocás, AVV Barrocás de 20:00 a 00:00 horas

 

Torneo Nadal F8 Campo fútbol 11 os Remedios de 10 a 8:30 mañá e tarde. Categoría prebenjamín

 

Mañás de Nadal, actividades para escolares de 6 a 14 anos Asociación Amencer 9 a 14h

 

Campamento Tecnolóxico de Nadal, Minecraft: os Mundos da Auga La Molinera 9:30 a 13:30 horas

 

BOX dos Desexos Mirador S. Francisco - 10:00 a 20:30 horas

 

Camión MAGO Barrocás 5 pases ás 12:00, 13:00, 17:00, 18:00 e 19:00 horas

 

Aula da natureza, actividades de conciliación, nenos e nenas de educación primaria de 10 a 13 e de 16:30 a 19:00 horas

 

Bibliotecas municipais: “Ler sentache ben”. Actividades de conciliación: nenos e nenas de 4 a 10 anos en horario de 11 a 13h actividades de animación á lectura e obradoiros de nadal nas bibliotecas de A Ponte, A Carballeira e San Francisco. Na biblioteca de O Couto o horario será de 10 a 13:30 horas.

 

MOTI 2017

 

Diante da choiva intensa que se prevé para a tarde de hoxe, martes día 26, o espectáculo de Cal y Canto Teatro 'A-TA-Ka!' trasládase ao pavillón do Colexio Mestre Vide (entrada pola rúa Mestre Vide). A función será ás 19'30 horas e ten unha duración de 45 minutos.

O programa para hoxe inclúe, ademais, a estrea da Aula Universitaria de Teatro Infantil Geppetto no Auditorio con '(Du)as viaxes de Gulliver' ás 17'00 e ás 18'30.

17 e 18:30 horas (Auditorio) “(Du)as viaxes de Gulliver”, pola compañía Geppeto, Aula universitaria de teatro infantil do campus de Ourense.

SINOPSE: Espectáculo construído tomando algunha das viaxes de Gulliver para ofrecer unha sorprendente peza chea de xogos, imaxes e personaxes incribles que farán que as nenas e nenos vivan a fantasía e o divertimento pero que tamén quede neles o pouso da sátira sobre a natureza humana que fai o autor do texto orixinal.