Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

Desde as 10:00 horas, na Praza Maior: Feira de Antigüidades especial de Nadal. O tradicional mercado de antigüidades, que se celebra o primeiro domingo de cada mes, celebra este domingo día 17 de decembro unha nova cita extraordinaria no marco da programación do Nadal. Así, o mercado celebrarase en horario ininterrompido de 10:00 a 20:00 horas con presenza de 32 comerciantes autorizados que ofertarán os seus produtos ao público.

Para amenizar o evento, a agrupación folclórica Queixumes dos Pinos realizará senllas actuacións: a primeira, ás 12:30 horas; a segunda, pola tarde, ás 18:30 horas. Trátase de dinamizar a vida social da cidade nun dos espazos con máis vida: a Praza Maior. É só unha das máis de 250 actividades previstas dentro da campaña de Nadal do Concello de Ourense.

 

10:00 horas (Pavillón de Os Remedios). Comeza o Torneo de Nadal de Natación Sincronizada.

 

10:00 horas (Rúa Vicente Risco). O Box dos Desexos estará na rúa Vicente Risco ata as 20:30 horas.

 

11:00 horas (Botánico de Montealegre). Actividade de Nadal: crea os teus adornos e xoguetes. O Nadal é unha época do ano que adoita gustar moito aos nenos, e con esta actividade queremos darlle unha visión diferente da celebración destas festas. Máis alá de mercar cousas, queremos amosar que mediante a reciclaxe de materiais se poden facer adornos e xoguetes bonitos.

 

13:00 horas (San Francisco). Concerto de Nadal de Priscila. Cerca do parque das Zapatillas.

 

19:00 horas (Auditorio). Danza Infantil. Vuelos (Voos)- Aracaladanza

 

Sinopse: As ás da imaxinación fannos libres… ao despregalas, descubrimos un universo de soños que nos devolve imaxes, debuxan a nosa anatomía, xogan coa xeometría e descóbrennos a perspectiva. Permítennos voar. Ver a natureza (tamén a nosa). E xunto aos soños, encontrar as nosas máis secretas ambicións. Unha viaxe a cabalo convértenos en aves con ás que en segredo desexamos. Benvidos ao xogo! Ao soño!

 

20:00 horas (igrexa de Fátima). Concerto de Nadal de Emilio Rúa.

 

20:30 horas (igrexa de Santa Eufemia). XXIII Certame de Vilancicos e Panxoliñas