Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

09:00 horas (Salón de Plenos). Pleno extraordinario e urxente


10:00 horas (Salón de Plenos). Rolda de prensa de presentación do acto de inauguración da Pista de Atletismo. Asiste o alcalde, Jesús Vázquez.


11:00 horas (Museo Municipal). Rolda de prensa de presentación da exposición titulada “Laxeiros sobre papel”. A mostra é froito dun acordo de colaboración coa Fundación Laxeiro, mediante o que se poderán ver, por primeira vez en Ourense, un total de corenta e oitodebuxos de Laxeiro que ilustran o seu proceso creativo. Asiste o alcalde, Jesús Vázquez.


11:00 horas e 12:30 horas (Auditorio Municipal). Representación teatral para escolares “Pum, Pum”

 Á obra de teatro " Pum, pum", da compañía Baobab Teatro, está previsto asistan 700 alumnos e alumnas de 1º e 2º curso de Educación Primaria de distintos centros da cidade. Sinopse - Marieta é como calquera nena de 5 anos, rodeada de portas que se abren e contan historias. Historias que teñen música e cantan cando Marieta quere. Pero Marieta ten unha porta que garda un segredo. Un segredo que nunca contou e ninguén escoitou. Pum, Pum! es un espectáculo tenro que fala de historias cotiás que lles acontecen aos nenos e nenas destas idades, pero tamén da unha mensaxe moi clara: desde moi cativos teñen que saber que ninguén pode obrigarlles a facer cousas que non queren. Pum Pum nace da necesidade de abordar a temática dos abusos sexuais na infancia, un tema tabú para a sociedade pero que convive no noso día a día e ten unhas estatísticas alarmantes.

 

11:30 horas (Obispado). O alcalde, Jesús Vázquez, asiste á inauguración da exposición “Belenes del Mundo”.

 

12:30 horas (Salón de Plenos). Acto de entrega de premios ao autor da postal gañadora do Concurso de Debuxo de Nadal, organizado polo Concello a través da Concellería de Educación. Asiste o alcalde, Jesús Vázquez.

 

ACTIVIDADES DE NADAL

10:00 horas (Rúa Río Mao). O Box dos Desexos estará ata as 20:30 horas na rúa Río Mao.

 

11:30 horas (La Molinera). Conexión por videoconferencia con Papá Noel en Laponia. Asisten nenos e nenas do colexio Franciscanas.

 

18:00 horas (Xardinillos Padre Feijóo). Acéndese o alumeado especial do poblado navideño.