Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

10:00 horas (rúa do Paseo). O "Box dos Desexos" estará na rúa do Paseo ata as 20:30 horas. Forma parte da campaña de fomento do Comercio Local posta en marcha polo Concello de Ourense.

 

12:00 horas (Rairo). A concelleira de Asuntos Sociais, Sofía Godoy, e membros da Corporación, asisten á procesión e aos actos festivos na honra de Santa Lucía de Rairo.

 

12:00 horas (Auditorio Municipal). Teatro infantil: AGURATRAT!, da Compañía Pérez&Fernández.

Sinopse: AGURATRAT! é unha adaptación teatral do libro "Esio Trot" de Roald Dalhl, un dos autores máis lidos da literatura infantil universal. Unha bonita historia de amor e aventuras protagonizada por dúas persoas maiores, o Señor Hoppy e a señora Silver. A terceira protagonista da historia é unha TARTARUGA, personaxe clave que dá título a peza.

 

16:00 horas (Local de Queixumes dos Pinos). A concelleira de Asuntos Sociais, Sofía Godoy, e o portavoz municipal, José Araújo, asisten á II Feria de la Hallaca 2017, organizada pola Asociación de Venezolanos de Ourense.

 

18:00 horas (Xardinillos Padre Feijóo). O poboado navideño instalado polo Concello acende o alumeado.