Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

08:30 horas (Sala de Xuntas da Alcaldía. Só gráficos). Xunta de goberno local.

 

10:00 horas (Salón de Plenos). Rolda de prensa para dar conta dos asuntos aprobados en Xunta de goberno local.

 

18:00 horas (La Molinera). I Aceleradora de Talento. Marca Persoal, estás disposto a xogar o partido da túa vida? Todos os expertos en reclutamento coinciden en que a clave para triunfar é ser diferente. A pregunta é cómo conseguilo. Nos axudamoste a dar respuestas a esa pregunta...

 

Programación de Nadal:

De 10,00 a 20:30 horas. Rúa do Paseo. "Box dos Desexos".

 

20:00 horas. Espectáculo itinerante 'En busca do Nadal'.

Aquilino Losada, apodado "O Tinteiro", xunto co seu fillo Posío e a súa neta Ana María, retornan aOurense tras moitos anos fóra cun encargo moi especial para este Nadal. No seu motocarro percorrerán Ourense procurando cumprir a misión que lles foi encomendada polo Ministerio de Outono-Inverno: colocar a estrela de Nadal no punto central da cidade. Nesta viaxe polo centro histórico de Ourense, Aquilino iralles descubrindo ao seu fillo e á súa neta, que xamáis estiveran aqui, os segredos da nosa cidade, lembrando feitos históricos importantes, inauguracións de edificios e estatuas, dándose conta él tamén que Ourense é unha cidade dinámica, en transformación, onde merece a pena vivir, e tamén retornar. Ainda que só sexa polo Nadal. Música, comedia, diálogos inxeniosos e tenrura farán desta misión un celebración do Nadal, e do patrimonio material e inmaterial da cidade de Ourense.
Elenco: Josito Porto – Aquilino Losada, avó. Sergio Zearreta – Posío Losada, fillo. Cristina Collazo - Ana María Losada, neta. Dirección: Tito Asorey

ITINERARIO DO ESPECTÁCULO Comezo coa chegada do motocarro a rúa do Paseo (San Lázaro)Rúa do Paseo – (*) Pza. Eugenio Montes/Xardíns Padre Feixoo – rúa Lamas Carvajal – (*) Pza. Santa Eufemia – rúa das Tendas – (*) Praza de San Martiño – rúa Arcedianos – (*) Praza Maior – rúa da Barreira – rúa das Burgas - (*) Praza das Burgas.

(*) as paradas onde se realizarán as diferentes escenas)