Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

11:00 horas. Espazo Lusquiños. Presentación de 'Código Cero', exposición de Silvia Castillo no marco do Outono Fotográfico. Asiste Sofía Godoy, concelleira de Xuventude.

 

11:30 horas. Liceo de Ourense. O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez; a concelleira de Voluntariado, Sofía Godoy; e a sefa territorial da Consellería de Política Social en OUrense, María José Fernández Laso, visitan as entidades sociais presentes no Liceo con motivo do Día Internacional do Voluntariado.

Programa do día 5 de decembro no Liceo

- 9.30 Recepción dos participantes e montaxe dos expositores

- 10.00 Aperturada Mostra de Voluntariado e benvida institucional

- 10.30 Café cooperativo

- 11.30 Obradoiro de “Teatro e expresión corporal”

- 12.30 Experiencias de vida das persoas voluntarias. Diferentes entornos e destinatarios

- 14.00 Petiscada e dinámicas grupais

- 16.00 Pasarrúas e batukada polas rúas céntricas de Ourense cos colectivos e voluntarias/os.

- 19.00 Concerto Lady Day

 

12:00 horas. Centro de iniciativas empresariais. (farase foto de familia na Praza da Sal)
Presentación da III Lanzadera de Emprego. Asisten o alcalde, Jesús Vázquez; o concelleiro de Promoción Económica, Jorge Pumar; o director de Relacións Institucionais da Fundación Telefónica, Joan Cruz; e a portavoz da Fundación Santa María la Real, Soraya de las Sías.

 

19:00 horas. Praza de Santa Eufemia. Taller de accesibilidade no marco do programa Móvete x Ourense. Realizarase un rueiro moi especial coa fin de reflexionar, compartir achegas e visibilizar os problemas de accesibilidade na rúa.

 

20:00 horas. Espectáculo itinerante 'En busca do Nadal'. Aquilino Losada, apodado “O Tinteiro”, xunto co seu fillo Posío e a súa neta Ana María, retornan a Ourense tras moitos anos fóra cun encargo moi especial para este Nadal. No seu motocarro percorrerán Ourense procurando cumprir a misión que lles foi encomendada polo Ministerio de Outono-Inverno: colocar a estrela de Nadal no punto central da cidade. Nesta viaxe polo centro histórico de Ourense, Aquilino iralles descubrindo ao seu fillo e á súa neta, que xamáis estiveran aqui, os segredos da nosa cidade, lembrando feitos históricos importantes, inauguracións de edificios e estatuas, dándose conta él tamén que Ourense é unha cidade dinámica, en transformación, onde merece a pena vivir, e tamén retornar. Ainda que só sexa polo Nadal. Música, comedia, diálogos inxeniosos e tenrura farán desta misión un celebración do Nadal, e do patrimonio material e inmaterial da cidade de Ourense.