Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

08:30 horas. Sala de Xuntas da Alcaldía. Só gráficos. Xunta de goberno local.

 

10:00 horas. Auditorio. Teatro para escolares de ESO, Bacharelato e ciclos formativos. 'O Rei morre', de Sarabela teatro. (Haberá un segundo pase ás 12:00 horas.)


11:00 horas. Sede da FEMP (Madrid). O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, en calidade de presidente da Comisión para la Modernización, Participación Ciudadana y Calidad de la Federación Española de Municipios y Provincias (FEMP), asiste ao Encontro e II Asemblea General da Rede de Entidades Locais pola Transparencia e pola Participacion Cidadá.


11:00 horas. Facultade de Ciencias da Comunicación da USC, Santiago de Compostela. Presentación da segunda edición de Premios Youtubeir@s, iniciativa organizada polos Servizos deNormalización Lingüística dos concellos da Baña, Ames, Carballo, Ourense, Pontevedra, Ribadeo,Santiago, Teo e O Grove, as Universidades de Coruña, Santiago e Vigo e da Deputación da Coruña. Asistirá a técnica de normalización lingüística do Concello de Ourense, Mónica Fernández Valencia, coordinadora de Youtubeir@s.


13:00 horas. Salón de Plenos. Rolda de prensa para dar conta dos asuntos tratados na xunta de goberno local.


18:00 horas. La Molinera. I Aceleradora de talento e-Talent. Seminario sobre Comercio dixital. Relator: Modesto Gómez. Entrada libre e gratuíta.
18:00 horas. AVV Tras Estación. Os concelleiros de Participación Cidadá e de Comercio, Carlos Campos e Flora Moure respectivamente, visitan o local da asociación veciñal.


19:30 horas. Sala Valente. Conferencia “Toponimízate. Falámosche dos nomes da túa terra”. Organizada polo Servizo de Normalización Lingüística en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística. A cargo do filólogo Vicente Feijoo, especialista en toponimia e membro do Seminario de Onomástica da Real Academia Galega, quen falará dun xeito moi próximo e ameno de toponimia galega e tamén da propia do Concello de Ourense. Entrada libre e gratuíta.


20:00 horas. Liceo de Ourense. Apertura do Simposio Carlos Casares e as institucións galegas, organizado polo Parlamento de Galicia. Asiste o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez.


20:30 horas. La Molinera. Business First Dates, actividade organizada pola Asociación de Jóvenes Empresarios de Ourense.