Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

08:30 horas (Sala de Xuntas da Alcaldía. Só gráficos). Xunta de goberno local.

 

09:30 horas (Salón de Plenos). Pleno extraordinario

Orde do día:

ÚNICO.- Proposta do Grupo Municipal de Democracia Ourensana para analizar a caótica situación do Servizo de Licenzas e Disciplina Urbanística dentro da concellería de Urbanismo así como a tamén caótica situación dentro da Concellería de Comercio respecto ao problema dos veladores.

 

11:00 horas (Salón de Plenos). Rolda de prensa para dar conta dos acordos aprobados en Xunta de goberno local.

 

16:30 horas (Valladolid). O concelleiro de Turismo, Jorge Pumar, participa en INTUR (feria líder en turismo de interior y proximidad), para presentar a Ourense como destino turístico.

 

18:00 horas (La Molinera). Seminario gratuito sobre Marketing impartido por Modesto Gómez, dentro da I Aceleradora de Talento.

 

19:30 horas (Praza de Abastos de A Ponte). Gala de entrega de premios AJE. Asiste o alcalde, Jesús Vázquez.

 

20:00 horas (Ponte Romana). Do 23 ao 29, ambos inclusive, con motivo do Día Internacional contra a violencia de xénero do 25 de novembro, iluminarase a Ponte Romana en cor morada (é parte dos actos organizados desde a Concellería de Igualdade ao obxecto de visibilizar este día).

 

20:30 horas (Sala Valente). Inauguración da exposición de escultura de Xosé Cid, “Materia Infinita”. Asiste o alcalde, Jesús Vázquez.