Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

11:15 horas (Salón de Plenos) Pleno infantil, que organiza o Concello para celebrar o Día Universal de nenos e nenas, coa participación de escolares de 5º e 6º de Primaria do CEIP As Mercedes e CPR Padre Feijóo.

Nenos e nenas traballaron previamente nas aulas acerca da Convención sobre os Dereitos de nenos e nenas, e exporán as súas reflexións, propostas de mellora e preguntas ás autoridades presentes.

Asistirán ao Pleno o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, as concelleiras de Educación, Belén Iglesias, e Asuntos Sociais, Sofía Godoy e Miriam Carabito, presidenta de Unicef Comité Galicia.