Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

11,00 horas (Ponte do Milenio) Saída da XLI Carreira pedestre popular San Martiño 2017 na súa categoría absoluta. Dará a saída o presidente do Comité Olímpico Español, Alejandro Blanco.

O percorrido de 10.000 metros, homologado pola Real Federación Española de Atletismo, discorrerá por Xesús Pousa, Praza da Estación, As Caldas, Ponte Vella, Progreso, Tras Alameda, Dr. Fleming, Ervedelo, Avda. de Portugal, Marcelo Macías, Avda. de Zamora, Bonhome, Galicia, Fernández Oxea, Lugo, Padre Feijoo, Colón, Moratín, Bispo Carrascosa, Praza Maior, Lamas Carvajal, Paseo, Curros Enríquez, Habana, Cardenal Quevedo, Rodríguez Castelao, Otero Pedrayo, Curros Enríquez, Ponte Nova, Avda. de Marín, Vicente Risco, Francisca Herrera, Avda. de Santiago, Avda. das Caldas, Ponte Vella e Pardo de Cela.

Ás 12:30 horas, Agustín González, presidente do Club Adas de O Barco dará a saída á carreira escolar, e ás 13:15, a atleta ourensá Emilia Mesa, dará a saída á da cativada.

 

12,00 horas (Auditorio, sala azul) Programación infantil: “Os golfiños e o xigante” teatro de monicreques a cargo de Fantoches Baj, para rapazada desde os 4 anos (50 minutos, prezo Anticipada: 3€, Billeteira; 4€).

SINOPSE. Na década pasada Bao Si Shun foi considerado polo Récord Guiness o home máis alto do planeta pero a verdadeira sona chegaríalle o día que conseguiu extraer, grazas ao seu longuísimo brazo, dúas boias de piscina do esófago duns golfiños, salvándoos así dunha morte certa. A noticia, publicada en todos os xornais do mundo, chamaba a atención, non tanto por ter salvado os golfiños, que tamén, senón porque amosaba dun xeito moi gráfico a necesidade de aceptar cada un de nós a súa diferenza e de ser aceptados como somos. Baseada neste feito real, esta fábula de superación con final feliz foi premio Barriga verde de textos para monicreques na súa modalidade infantil no 2016.

 

19,00 horas (Auditorio) Nova Galega de Danza representa o espectáculo “Son”. (80 minutos) Entradas: Anticipada: 8€, Billeteira: 9€