Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

16,00 horas (Montalegre) “Ciclo de cine ambiental”, con presentación, proxección e debate posterior ao pase das películas “2050” e “Green”.

2050: Produce: Ruth Chao, Javier Silva (2006, 52 minutos). Sinopse: Documental que aborda un dos maiores problemas que está a afrontar a humanidade: o cambio climático. Nel danse cita as máximas autoridades mundiais recoñecidas por Nacións Unidas en materia de cambio climático, que foron entrevistadas no Cumio Mundial sobre Cambio Climático que Nacións Unidas de Montreal 2006.

GREEN. Produce: Patrick Rouxel (2009, 48 minutos) Sinopse: Narra as consecuencias da deforestación en Indonesia a través dos ollos dunha femia de orangután que foi rescatada en condicións extremas. A deforestación nos países do Sur débese fundamentalmente ao cultivo e uso de aceite de palma, un aceite vexetal que se atopa en infinidade de produtos que consumimos na nosa vida cotiá. Este problema, ademais de producir grandes danos ambientais, está a causar a acelerada perda dunha das especies de primate máis cercana a nós, o orangután, que cada día se atopa máis preto da extinción.

 

17.45 horas (Expourense) O alcalde e o concelleiro de Deportes asisten á entrega de premios do circuíto de carreiras populares Correndo por Ourense 2017, no marco da feira Sportur.

 

18,00 horas (Auditorio, sala azul) Concerto de presentación de Radio Bulebule, o novo traballo de Paco Nogueiras, despois de "Brinca vai!" (III Premio Martín Códax da Música - Infantil) que deu lugar a varios espectáculos cos que o compositor e intérprete percorreu festivais, escenarios e escolas de toda Galicia.

 

20,00 horas (Auditorio) O alcalde asiste á gala 150 aniversario do Grupo Cuevas.