Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

10,30 horas (Salón de Plenos) Rolda de prensa de presentación da campaña de compostaxe doméstica do Concello de Ourense en colaboración con Sogama. Asiste o alcalde, Jesús Vázquez, e o concelleiro de Medio Ambiente, José Araújo

 

11,15 horas (Expourense). Presentación no stand do Concello de Ourense da publicación infantil "Descubre Ourense con Martiño: o río Miño e as Termas". Asiste o alcalde, Jesús Vázquez, e o concelleiro de Termalismo, Jorge Pumar.

 

11,30 horas (Expourense) O alcalde asiste á inauguración de Sportur Galicia.

 

12,00 horas (Paseo, á áltura do número 25) O alcalde, Jesús Vázquez, asiste ao acto de Stop Accidentes conmemorativo do Día Mundial das Vítimas de Accidentes de Tráfico.

 

13,00 horas (Galerías Proyflem, local 4B) O alcalde, Jesús Vázquez, asiste á visita ao local da Federación de Venezolanos en Galicia (Fevega). Asiste tamén o secretario xeral de Emigración da Xunta de Galicia, Antonio Rodríguez Miranda.

 

17,00 horas (Salón de Plenos) Entrega de premios do Concurso de Pinchos "Sabores de Ourense, edición de outono", organizado pola Concellería de Turismo e Termalismo de Ourense e a Unión de Hostaleiros de Ourense. Asiste o alcalde, Jesús Vázquez, e o concelleiro de Turismo, Jorge Pumar

 

18,00 horas (Liceo) Xuntanza do xurado da XVIII edición do Premio Risco de creación literaria oganizado polo Concello de Ourense en colaboración coa Fundación Vicente Risco que nace para honrar a figura de D. Vicente Risco e máis o seu fillo Antón. Nesta edición foron presentados 16 exemplares.

 

19,00 horas (Centro Cultural Marcos Valcárcel) O alcalde, Jesús Vázquez, asiste á inauguración das XXI Xornadas da Asociación galega de medicina familiar e comunitaria.

 

20,30 horas (Ponte Vella) A Ponte Vella iluminarase de cor morada pola celebración do Día internacional do neno prematuro, atendendo a solicitude realizada por Agaprem, Asociación galega de familiares de nenos prematuros