Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

10,00 a 14,00 horas (La Molinera) “Plan de medios para startups”, obradoiro formativo impartido polo xornalista ourensán Antonio Nespereira, dentro do Espazo Startup/Coworking da Escola de Organización Industrial.

 

11,30 horas (Auditorio) Representación teatral para escolares de “Os vellos non deben de namorarse”, a cargo da compañía Teatro do Morcego do orixinal de Alfonso Rodríguez Castelao. Asistirán 650 alumnos e alumnas de 3º e 4º de ESO e de Bacharelato de 10 centros de ensino. Esta actividade está organizada polas concellerías de Cultura e Educación do Concello de Ourense.

 

12,00 horas (Sevilla) O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, participa na 2ª Asamblea da Rede de Cidades AVE, asociación formada por 25 municipios, destinos turísticos de España que están conectados por alta velocidade ferroviaria, e que ten como obxectivo promocionar as cidades que a integran baixo unha estratexia común.