Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

11:00 horas (Botánico de Montealegre). Magosto: contos de Outono: O Magosto é unha festa de gran tradición popular en Ourense. Para achegar a festa aos máis cativos e descubrirlles as tradicións, os contos populares son moi importantes por iso proponse unha actividade baseada nun conta-contos de Outono.

 

12:00 horas (Auditorio). Teatro infantil. Ópera “A frauta máxica”. Sinopse: Título universal e recorrente polas súas bondades: unha música inesquecible de W.A. Mozart e un argumento entretido para todos os públicos. Espectáculo que combina música en directo, voces líricas, traballo escénico e proxección de vídeos sincronizados co traballo en escena, así como unha participación activa do público. Elixida como mellor espectáculo familiar 2016.