Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

09:00 horas. Auditorio Municipal. 1º pase da proxección de "Un Gato callejero llamado Bob", dentro do programa educativo Cine e Saúde organizado pola Concellería de Sanidade.Acoden un total de 454 alumnos e 24 profesores de 7 Institutos de Ensino Secundario da cidade (O Couto, As Lagoas, A Farixa, Salesianos, Portovello, Otero Pedrayo e Blanco Amor). Asistirán o alcalde, Jesús Vázquez, e a concelleira Sofía Godoy.

 

10:00 horas. La Molinera. Lean Sales: Como vender con eficacia, no marco das actividades do Espazo Startup. Até as 14:00 horas.

 

11:00 horas. Escola Municipal de Música e Teatro de Ourense. 'En Escena', o programa didáctico de danza contemporánea. Participan 340 alumnos e alumnas de 5º e 6º curso de Educación Primaria de 9 centros: CEIP O Couto, CEIP Virxe de Covadonga, CEIP Seixalbo, CEIP Vistahermosa, CEIP As Mercedes, CPR A Purísima, CPR Concepción Arenal, CPR Luis Vives e CPR Padre Feijóo.

 

12:00 horas. Auditorio Municipal. 2º pase da proxección de "Un Gato callejero llamado Bob", dentro do programa educativo Cine e Saúde organizado pola Concellería de Sanidade. Acoden un total de 541 alumnos e 27 profesores de sete centros educativos (Santo Cristo. Valle Inclán, Divino Mestre, Blanco Amor, Luís Vives, Otero Pedrayo e Centro Trama). En total, pasarán polo Auditorio: 995 alumnos de Secundaria e 51 profesores.

 

13:45 horas. Alcaldía. O alcalde, Jesús Vázquez, recibe á nova directiva do Rotary Club de Ourense.

 

17:30 horas. Centro Cultural Marcos Valcárcel. 5ª sesión de traballo do grupo motor do Móvete por Ourense. Coa seguinte orde do día: Presentación da sesión de traballo; posta en común dos talleres e actividades a realizar e calendario dos mesmos; conclusións.