Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

Con motivo da festividade de Fieis Defuntos, o Concello de Ourense manterá abertos ininterrompidamente os cemiterios municipais desde as 9:00 até as 19:30 horas os vindeiros 1-2 de novembro. Así mesmo, Urbanos de Ourense reforzará o servizo con dous buses que sairán desde a estación de autobuses e desde o Vinteún en dirección ao Cemiterio de Santa Mariña, con parada no cemiterio de San Francisco.

Servizos relixiosos 1 de novembro

• 12:00 horas: Procesión á foxa común con celebración litúrxica no cemiterio de Santa Mariña.

• 16:00 horas: Visita do sr. Bispo ao cemiterio das Caldas.

• 17:00 horas: Misa no cemiterio de Santa Mariña

• 17:00 horas: Visita do sr. Bispo ao cemiterio de San Francisco.