Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

11,00 horas (Liceo) O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, participa na rolda de prensa de presentación da programación da XXXV edición do Festival Outono Fotográfico. Asisten as concelleiras de Xuventude, Sofía Godoy, e de Cultura, Belén Iglesias.

 

12,00 horas (Salón de Plenos) Sinatura do protocolo de colaboración entre o Concello de Ourense e a Confederación Hidrográfica do Miño Sil para execución de obras de rehabilitación de paseo entre Outariz e o pazo de Ramirás, na marxe dereita do río Miño. Asistirán o alcalde e o presidente da CHM-S, Francisco Marín.

 

13:30 horas (Praza do Ferro) Presentación do X concurso de pinchos Sabores de Ourense edición de Outono 2017. Asistirán o alcalde, o concelleiro de Turismo, Jorge Pumar e representantes da Unión de Hostaleiros de Ourense.

 

20:30 horas (Auditorio) Concerto de Mark Eitzel Band: Hey Mr. Ferryman. O décimo álbum como solista e o primeiro que entrega en tres anos. O disco posúe as inconfundibles e brillantes melodías sempre asociadas a Eitzel desde os seus tempos á fronte de American Music Club, banda que segue a ser unha referencia do culto a día de hoxe. Concerto dentro do American Autumn Song. Entradas: www.ticketea.com e na billeteira do Auditorio dúas horas antes da función Anticip.: 13€ / Billet.: 15€