Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

Desde as 10:30 horas (Espazo Lusquinhos) Torneo Asetto Corsa - TMV - Lusquiños. Asetto Corsa é un xogo de condución simulada, no noso caso, empregando a versión para Play Station 4 e con opódiums sobre os que se monta unha estrutura metállica que soporta asento, volante e televisión para magnificar a experiencia da condución. O torneo desenvolverase no modo winner-loser ou liga clasificatoria con fase final en función dos asistentes ao evento. Inscrición gratuíta. De 10:30 horas a 21:00 horas Prazas. 32 xogadores Premios 1- 100 euros en bono tenda Xogón Premios 2 - 60 euros en bono tenda Xogón Premios 3 - 40 euros en bono tenda Xogón

 

12:30 horas (Centro Cultural Marcos Valcárcel) O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, asiste á inauguración da exposición “A volta a Cartelle. Fotografías de 1967” de Carlos Velo.

 

14:00 horas (Restaurante A Feira) O alcalde asiste á homenaxe a Celia Paz Alvárez, ourensá que cumple cen anos, e á que lle fará entrega dunha praca conmemorativa.

 

21:00 horas (Auditorio Municipal) Concerto de Daniel Minimalia. O músico ourensán, gañado r dun Hollywood Music Award, volta aos escenarios para presentar o seu novo disco “Origen” dentro da súa xira nacional e internacional. Folk, New age, Rock sinfónico ou flamenco, son algúns dos xéneros que practica un dos guitarristas e compositores con máis proxección internacional.

Entradas: www.ataquilla.com, Sala Exposicións Afundación Ourense e Billeteira do Auditorio 2h antes da función