Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

8:30 horas (Alcaldía, SÓ GRÁFICOS) Xunta de Goberno Local

 

10:00 horas (Salón de Plenos) Rolda de prensa para informar acerca dos asuntos tratados na Xunta de Goberno Local

 

11:00 horas (Alcaldía) O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, recibe a Oscar Graefenhain, director xeral do ICAA, Instituto da Cinematografía e das Artes audiovisuais, organismo dependente do Ministerio de Cultura.

 

11:30 horas (Rúa Paseo). O alcalde, Jesús Vázquez, visita a carpa de Renacer onde se fará lectura do manifesto con motivo do Día do Dano Cerebral Adquirido.

 

12:00 horas (Liceo) Proxección das primeiras imaxes de “Aquilo que arde”, a nova película de Oliver Laxe, premio Cidade de Ourense 2016.

 

13:00 horas (Liceo) Entrega do premio Cidade de Ourense 2017 a Cinema en Curso. Asisten Núria Aidelman e Laia Colell (fundadoras) e Mónica García (coordinadora do proxecto en Galicia a través do CGAI e o Plan Proxecta), Jesús Vázquez (Alcalde de Ourense), Fran Gayo (director do OUFF).

 

18:00 horas (La Molinera) Segunda sesión da actividade “ETalent I Aceleradora de Talento”, un seminario que axudará ás persoas participantes a prepararse e desenvolver habilidades para afrontar os procesos de selección de persoal, con entrada gratuíta.