Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

11:00 horas. Botánico de Montealegre. 'O tesouro de Montealegre'. Dirixido a nenos e nenas de 3 - 4 a 10 anos: Mediante a busca dun tesouro os máis pequenos aprenderán diferentes valores, como son o traballo en equipo, a imaxinación e o coidado do Medio Ambiente.


12:00 horas. Auditorio Municipal. Teatro infantil. 'O Valo', de Culturactiva. +6 anos, 55'. A partir do marabilloso texto de Carlos Labraña, merecedor do IX Premio Manuel María Literatura Dramática Infantil, fala do encontro de dous mundos, dúas realidades, dúas consciencias encarnadas en dous personaxes ben distintos: O Soldadiño de Chumbo e Sahara, a rosa do deserto. Un encontro a ambos os dous lados dunha fronteira que non só separa a civilización do baleiro, senón que abre unha ferida no corazón da humanidade.


20:30 horas. Auditorio Municipal. FITO '1Deseo', de Inconstantes Teatro (Madrid)