Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

11:30 horas (Salón de Plenos da Deputación). O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, asiste á entrega da medalla de honra a Los Suaves.

 

17:00 horas (Xardín do Posío) Inauguración da exposición “¡H2Oh! Os segredos da auga da túa cidade” , que se poderá visitar desde mañá ata o día 9 de novembro no Xardín do Posío. Asistirán Jesús Vázquez, alcalde de Ourense, María Jesús Piñeiro, directora de institucións de CaixaBank en Galicia; e Julio Masid, director de Viaqua en Galicia. A mostra ten como obxectivo concienciar sobre o uso deste recurso tan prezado e á súa vez tan escaso.

 

18:30 horas (Sala Valente) Actos de celebración do Día Internacional da Nena (11 de outubro).  Inauguración da exposición "ERRADIQUEMOS LA MUTILACIÓN GENITAL FEMENINA" ", cedida pola Confederación Nacional Mujeres en Igualdad, que se amosa na sala Valente, coa colaboración da Secretaría Xeral de Igualdade e o Concello.

A exposición itinerante "Erradiquemos la Mutilación Genital Femenina" está composta por 35 ilustracións seleccionadas entre as 75 postuladas no I Concurso de Ilustración " Campaña de Erradicación de la Mutilación Genital Femenina". A mostra está formada por reproducións das imaxes elixidas en 40x50cm

 

19:00 horas (La Molinera) Presentación de La Akademia Ourense. Segunda edición da guía de talentos para mozos e mozas audaces, un programa dirixido a persoas de 18 a 22 anos destinado a axudarlles a conducir o seu talento e descubrir a súa mellor versión, que se desenvolverá os martes de 17:30 a 20:30 en la Molinera. Asistirá o concelleiro de Promoción Económica, Jorge Pumar.

 


19:45 horas (Salón de actos do edificio politécnico do campus) O alcalde participa na clausura das XII Xornadas de Enfermería de Ourense.