Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

10:22 horas (Estación Renfe) Chega a Ourense o tren turístico de Galicia "Ourense termal e de compras". Asistirá o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez.

 

12:00 horas (A VV Santa Teresita, rúa Río Barbantiño) O alcalde, Jesús Vázquez, asiste á presentación do cartel e do programa da Feira do 21.

 

12:00 horas (Espazo Lusquiños) O Espazo Lusquiños acolle o V Torneo de Magic e Videoxogos Cidade de Ourense 2017, con máis de 300 participantes. Esta primeira xornada desenvolverase ata as 22:00 horas, e continuará os días 21 e 28 de outubro.

 

16:00 horas (Montealegre) Comeza o ciclo de cine ambiental que se desenvolverá cada 2 sábados no Parque de Montealegre, coa proxeción do documental “Asolagados: Coa auga ó pescozo”.

Este é un ciclo de películas e documentais de carácter ambiental para crear conciencia entre a población da problemática ambiental actual e poñer en valor o Parque como lugar de encontro cultural. Unha vez rematada a proxección se levará a cabo un foro de debate onde compartir impresións, opinións e reflexiones sobre temas ambientais.

Dirixido por David Vázquez en 2013, é un documental sobre a xente e os seus pobos (Abideira, Porto, Castro Candaz, Santa Marta, Pincelo, Ponte fortes, A Samugueira, San Paio, Mourulle, Portomeñe, A Hermida, Ribó...), anegados polo embalse de Belesar en 1963. Imaxes e sons da Ribeira Sacra e do río Miño; dos restos das casas, das adegas, das árbores.... e especialmente das dez testemuñas que viviron nestes lugares antes d construción do salto e que se viron obrigados a deixalo.

 

18:30 horas (Colexio Divino Maestro). O alcalde, Jesús Vázquez, asiste ao XIII Festival Internacional de Corais e Rondallas

 

20:30 horas (Centro Cultural Marcos Valcárcel). O alcalde, Jesús Vázquez, asiste ao Memorial Peña, Open de Xadrez Activo 2017 "Xosé Henrique Rodríguez Peña"

 

10º FITO

19:00 TEATRO DE RÚA COMPAÑÍA: TEATRO ART'IMAGEM (PORTUGAL) ESPECTÁCULO: Mira! Mira! Miro, mirando!

 

20:30 (Teatro Principal) COMPAÑÍA: KARLIK DANZA (ESTREMADURA) ESPECTÁCULO: María Zambrano, la palabra danzante

 

23:00 (Auditorio Municipal) COMPAÑÍA: MATARILE TEATRO (GALICIA) ESPECTÁCULO: Circo de Pulgas