Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

11,00 horas (Salón de Plenos) Presentación do Torneo de Magic e Videoxogos V TMV Cidade de Ourense, que se desenvolverá os sábados 7, 21 e 28 de outubro no Espazo Lusquiños. Asistirán a concelleira de Xuventude Sofía Godoy e os organizadores Alberto Nuñez Blanco e José María Miguel Martín

 

13,00 horas (Praza de Bispo Cesáreo) Inauguración da exposición “Platea. Los fotógrafos miran al cine”, de Acción Cultural España, que chega a Ourense no marco do 22º Festival de Cine Internacional de Ourense. Asistirán o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, a concelleira de Cultura, Belén Iglesias, o director do OUFF Fran Gayo, o coordinador de proxectos de AC/E Acción Cultural España, José Manuel Gómez e a fotógrafa e comisaria da exposición Blanca Berlín.

 

20:15 horas (Colegio Oficial de Veterinarios, Rúa Ramón Cabanillas, 4). O alcalde, Jesús Vázquez, asiste á conferencia "Leishmaniosis Canina: Una Zoonosis emergente en Galicia", que impartirá Adolfo Ricardo García Emilio. Esta actividade está englobada dentro dos actos con motivo do día de San Francisco de Asís, patrono dos veterinarios.

 

20,30 horas (Teatro Principal) Concerto de DALIA QUARTET, que dará inicio ao V Ciclo de música de cámara “Enclave de Cámara” que organiza o Concello. Dalia é un cuarteto de corda catalán que interpretará A Arte da Fuga de J.S. Bach e obras de Haydn, Guix e Brahms.