Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

10,00 horas (Salón de Plenos) Presentación da Marruecos On Bike 2017. O Clube Clube Ciclista Dúas Rodas participará na prestixiosa carreira de BTT que se desenvolverá desde o día 7 ao 14 de outubro, atravesando o Atlas ata chegar ás portas do Sáhara, tras 430 km de aventura, dsafío e emoción.

 

11,00 horas (Salón de Plenos) O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, recibe ao equipo Club Voleibol Ourense, que este ano debuta na primeira división nacional.

 

11,00 horas (Diante da Subdelegación de Goberno) e 12,00 horas (Praza Maior) Estudantes de centros educativos da cidade súmanse á campaña de sensibilización sobre a problemática das cabichas na rúa que desenvolve o Concello, e participarán nunha ruta desde a Subdelegación de Goberno ate a Praza Maior, onde terá lugar un acto reinvidicativo por unha cidade limpa de cabichas. Cada grupo que se sumou a apoiar a campaña traballou esta semana sobre a posible solución. Levarán cartazes, pancartas, disfraces, etc, para chamar a atención das persoas fumadoras, e o "cabichómetro" xigante, no que se exporán tódalas cabichas apañadas.

 

12,00 horas (Salón de Plenos. Só gráficos). Sinatura de convenio específico de colaboración de Festival de Cine Internacional de Ourense entre a Universidade de Vigo e o Concello de Ourense. Asisten o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e o vicerreitor do Campus de Ourense, Virxilio Rodríguez.

 

12,30 horas (O Tinteiro) O alcalde e membros da Corporación Municipal visitan as obras de iluminación da pista de terra pola que se accede ao Tinteiro.

 

17:00 horas (Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo) O alcalde participa no acto de inauguración do curso 17-18 do Master en Xestión Empresarial do Deporte.

 

18,00 horas (La Molinera) Comeza o obradoiro “Team Makers for Kids: programación de app, robótica y youtubers”, dirixido a escolares de 10 a 15 anos. Aprenderán a traballar nun proxecto multidisciplinar no que desenvolver os seus talentos, formando un equipo e fomentando a súa creatividade en torno ás tecnoloxias de róbotica, youtubers, programación de aplicacións para móbiles, e as habilidades de comunicación.