Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

10,00 horas (La Molinera) “Customer Development II” Actividade formativa organizada pola Escola de Organización Industrial (Aberta A todos os públicos)

O relator Carlos Álvarez exporá esta metodoloxía para a creacion de startups ,creada por Steven Gary Blank , quen defende a creación dunha empresa enfocándose principalmente no cliente ou mercado e, a partir destes construír a estrutura, fronte á tradicional visión de crear un produto que logo se intenta encaixar no mercado.

 

11,00 horas (Sala Valente) Presentación do 10º Festival Internacional de Teatro (FITO) que se desenvolverá do 5 ao 15 de outubro na cidade. Asistirán o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e representantes da Agadic, Deputación de Ourense, Universidade de Vigo e Sarabela.

 

11,30 -13.00 horas (SÓ GRÁFICOS, Museo Municipal) Alumnado da Escola Faílde visitan a exposición de Isabell Seidel.

 

12,00 horas (Salón de Plenos) Presentación do VI Memorial Manolo Carrera. Nas categorías benxamín e prebenxamín, que se disputará esta fin de semana no campo de fútbol Monte da Aira en Velle. Asistirá o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e representantes do Club Deportivo Velle.

 

17,00 horas (La Molinera) Comeza o “Taller de Fabricación de impresora 3D “, no que o alumnado aprenderá a fabricar, calibrar e poñer en funcionamento unha impresora de 3 dimensións a través de compoñentes autofabricados. Desenvolverase os mércores ata o 22 de novembro, de 17 a 20 horas.

 

19.30 horas (SÓ GRÄFICOS, Museo Municipal) Visita guiada pola propia autora á exposición de Isabell Seidel, aberta ao público en xeral.

 

19,30 horas (Colexio Eiroás) A asociación protectora de gatos Patrulla callejera adhírese á campaña de sensibilización ambiental que desenvolve o Concello sobre a problemática das cabichas na rúa.

 

20,30 horas (Colexio Miraflores) A Unión Deportiva Ourense adhírese tamén a esta campaña de sensibilización.