Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

12,00 horas (A Ponte) Carreira do barrio da Ponte, dentro do circuíto de carreiras populares Correndo por Ourense, que este ano se corre co lema “Oportunidades Galicia, Corre pola Reciclaxe” e forma pàrte da campaña “Oportunidades Galicia-Separemos Ben, Reciclaremos Mellor”, que promoven Ecoembes, a Consellería de Medio Ambiente e Sogama, para fomentar na cidadanía as boas prácticas no tratamento dos residuos como oportunidade para acadar os beneficios ambientais e económicos derivados da correcta separación e reciclaxe.

A proba, na categoría de xuvenil, xunior, promesa, senior e veterán sairá ás 12,30 horas da rúa Francisca Herrera (12 de Outubro) e percorrerá Avenida de Santiago, Basilio Álvarez (ida e volta), Avenida das Caldas, Jose .Antonio Moretón, Ribeiriño, Av. Caldas, Mercado, Rosalía de Castro, e Vicente Risco (ata a rotonda e volta ata a meta). Serán 3 voltas ao circuíto ata completar un treito total de 5.700 metros, Previamente, desde as 12,00 horas terá lugar a carreira nas categorías de Pitufos, Benxamín-Alevín e Infantil- Cadete

 

12,00 horas (Auditorio) Programación infantil: “O pequeno señor Paul”, de Baychimo Teatro, para escolares a partir de 6 anos.

Espectáculo baseado no libro de Martin Baltscheit no que un actor xoga a ilustrar o que conta. Compón un collage de imaxes con referencias ao cine clásico, utilizando para iso un zootropo,un traumatropo, animacións, proxectores de diapositivas, de vídeo, un retro..., e o conto, sobre todo o conto, que nos conta as peripecias dun home normal, moi aficionado a ler, iso si, e que supera os conflitos cotiáns con moita imaxinación.

Prezo Anticipada: 3€ Billeteira: 4€ - Bono á carta. Duración 55 min.