Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

8,30 horas (Alcaldía, SÓ GRÁFICOS) Xunta de Goberno Local

 

10,00 horas (Salón de Plenos) Rolda de prensa para informar acerca dos asuntos tratados na Xunta de Goberno Local.

 

11,00 horas (Estrada do Seminario, 20) O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, asiste aos actos de celebración do Día Mundial do Alzheimer.

 

12,30 horas (EXPOURENSE) O alcalde asiste á inauguración de Termatalia.

 

17 á 20.30 horas (Rúas Xaquín Lorenzo e Cardenal Quevedo) Exhibición das escolas e clubs de patinaxe, para fomentar esta forma de mobilidade na cidade:

17,00 horas: ROLLER OU.- CIRCUITO DE PATINAXE para escolares e persoas adultas

18,00 horas.OCCITEN ANIMACIÓN Exhibición de patinaxe e participación de quenes queiran patinar.

19,00 horas. PATINATUR.Exhibición de patinaxe e de hockei sobre patíns.

A actividade forma parte do programa da Semana da Mobilidade que organiza o Concello, e que mañá incluirá tamén con actividades para escolares de 11 a 13,30 horas, e unha sesión de contacontos ás 18 horas.

 

18,00 horas (La Molinera) “Ábrete Sésamo. Contrasinais pésimos, regulares e indestrutíbeis”. Charla formativa para persoas de todas as idades, con entrada libre e gratuíta, dentro do programa de actividades Xoves inspiradores: Taller de informática para superheroes ao alcance de simples mortais que desenvolve o Concello en La Molinera.

 

20,30 horas (explanada das Burgas) Cine nas termas: Proxección da película “As vacacións do señor Hulot” (Francia, Jacques Tati, 1953). Entrada libre e gratuíta. A actividade está organizada pola Concellería de Turismo e Termalismo do Concello de Ourense coa colaboración de Cine Club Padre Feijóo, no marco de Termatalia