Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

10,00 a 14,00 horas (La Molinera) Continúa o programa de actividades formativas da Escola de Organización Industrial en La Molinera, cunha sesión sobre “Pactos de socios e acordos parasociais“, a cargo de Pablo Taboada, avogado e consultor xurídico. (Entrada libre)

 

10,30 horas (Alcaldía, SÓ GRÁFICOS, declaracións ao remate) Xunta de portavoces

 

12,00 horas (Expourense) O alcalde de Ourense Jesús Vázquez, participa no Simposio sobre Termalismo que se desenvolve no marco de Termatalia 2017.

 

12,00 horas (Sala Valente) Presentación da programación de dinamización educativa da Concellería de Educación do Concello de Ourense para o curso 2017/2018 a directores e directoras dos centros educativos. Asistirá a concelleira de Educación Belén Iglesias.

 

13,00 horas (Lamas Carvajal, entre a igrexa de Santa Eufemia e a entrada á Praza Maior) Alcalde, director do Piano Meeting e representantes da Xunta de Galicia e Viaqua supervisan os preparativos do Piano Meeting, evento que converterá Ourense no maior auditorio de música ao aire libre de Galicia, o sábado, 23 de setembro, con 4 pianos noutros tantos espazos singulares da cidade, máis de 60 pianistas e 10 horas de música.

 

SEMANA EUROPEA DA MOBILIDADE

 

10,00 a 13,00 e 17,30 a 19,30 horas (Rúas do Paseo e Xaquín Lorenzo) Dúas carpas informativas darán a coñecer entre a cidadanía o proxecto “Móvete por Ourense” que desenvolve o Concello para fomentar a mobilidade sostible na cidade”

 

11,00 a 13,30 horas (Rúas Xaquín Lorenzo e Cardenal Quevedo) Actividades para escolares de Primaria: charlas educativas e circuíto de educación viaria con sinalización e probas de habilidade, carpa obradoiro de reparación de bicicletas.

 

17,00 a 20,00 horas (Rúas Xaquín Lorenzo e Cardenal Quevedo) Actividades para escolares: CircuÍito de habilidade e destreza en bicicleta e carpa obradoiro de reparación de bicicletas. Para nenos e nenas de 3 a 12 anos, que deberán levar as súas propias bicicletas e cascos para realizar os circuítos.

 

18,00 horas (Parque de San Lázaro) Contacontos