Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

10,15 horas (Málaga) O concelleiro de Turismo, Jorge Pumar asiste á reunión de Cidades AVE, que se desenvolverá na Colección do Museo Ruso, en Málaga. A Red de Cidades AVE é unha asociación de destinos turísticos de España conectados pola alta velocidade ferroviaria. O seu obxectivo é promocionar as 25 cidades que a integran baixo unha estratexia común.

 

12,00 horas (Pazo de exposicións e congresos, A Coruña) O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, asiste ao acto de recoñecemento de calidade turistica 2106 ao Centro Médicto El Carmen.

 

20,30 horas (explanada das Burgas) Cine nas termas: Proxección da película “O balneario de Battle Creek” (Estados Unidos, 1994) dirixida por Alan Parker. Entrada libre e gratuíta. A actividade está organizada pola Concellería de Turismo e Termalismo do Concello de Ourense coa colaboración de Cine Club Padre Feijóo, no marco de Termatalia 2017. O xoves 21 de setembro proxectarase “As vacacións do señor Hulot” (Francia, Jacques Tati, 1953), tamén nas Burgas (en caso de chuvia, trasladaríase ao salón de actos da Biblioteca Pública, na rúa Concello).

 

ACTIVIDADES DA SEMANA EUROPEA DA MOBILIDADE

 

10 a 13,00 e 17,30 a 19,30 horas (Rúas do Paseo e Xaquín Lorenzo) Dúas carpas informativas darán a coñecer entre a cidadanía o proxecto “Móvete por Ourense” que desenvolve o Concello para fomentar a mobilidade sostible na cidade

 

11 a 13,30 horas (Rúas Xaquín Lorenzo e Cardenal Quevedo) Actividades para escolares de Primaria: charlas educativas e circuíto de educación viaria con sinalización e probas de habilidade, carpa obradoiro de reparación de bicicletas.

 

17 a 20 horas (Rúas Xaquín Lorenzo e Cardenal Quevedo) Talleres infantís de mobilidade sostible.

 

18,00 horas (Parque de San Lázaro) Contacontos

Comercios especializados en bicicletas amosarán tamén ata o 22 de setembro, os seus produtos en dúas carpas situadas na rúa do Paseo, nas proximidades da Subdelegación de Defensa, para fomentar esta modalidade de transporte limpo e intelixente