Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

11,00 horas (Auditorio) Presentación do Festival LIVE for Madness. Asistirá a concelleira de Cultura, Belén Iglesias.

 

11,30 horas (Delegación da Xunta) O alcalde participa na presentación de Termatalia.

 

13,30 horas (Alcaldía, SÓ GRÁFICOS) O alcalde recibe á xunta directiva da Confederación Empresarial de Ourense

 

18:00 horas (La Molinera) O Concello inicia un “Taller de Creatividade aplicada ao emprendemento infantil e educación financieira” para escolares de 9 a 13 anos, que se desenvolverá ata o día 12 de decembro. Este é un programa de creatividade aplicada á educación financieira e ao espírito emprendedor, potenciando a imaxinación de cativos e cativas para que sexan capaces de desenvolver calqueira idea e poñela en funcionamento. O obxectivo é dotarlles de ferramentas necesarias para exercitar a súa creatividade a través do desenvolvemento do espírito emprendedor, potenciando o seu talento.

 

SEMANA DA MOBILIDADE 2017

 

10,00 a 13,00 e 17,30 a 19,30 horas (Rúas do Paseo e Xaquín Lorenzo) Dúas carpas informativas darán a coñecer entre a cidadanía o proxecto “Móvete por Ourense” que desenvolve o Concello para fomentar a mobilidade sostible na cidade”

 

11,00 a 13,30 horas (Rúas Xaquín Lorenzo e Cardenal Quevedo) Actividades para escolares de Primaria: charlas educativas e circuíto de educación viaria con sinalización e probas de habilidade, carpa obradoiro de reparación de bicicletas.

 

17,00 a 20,00 horas (Rúas Xaquín Lorenzo e Cardenal Quevedo) Actividades para escolares: Circuito de habiñlidade e destreza en bicicleta e carpa obradoiro de reparación de bicicletas. Para nenos e nenas de 3 a 12 anos, que deberán lebvar as súas propias bicicletas e cascos para realizar os circuítos.

 

Comercios especializados en bicicletas amosarán tamén desde mañá sábado, 18 de setembro, os seus productos en dúas carpas situadas na rúa do Paseo, nas proximidades da Subdelegación de Defensa, para fomentar esta modalidade de transporte limpo e intelixente

* TRÁFICO:

Con motivo desta celebración, as rúas Xaquín Lorenzo e Cardenal Quevedo (no tramo comprendido entre o Parque de San Lázaro e a Avenida da Habana) serán peonís, desde o luns, 18 ata o venres, 22 de setembro. O tránsito de vehículos quedará restrinxido a servidumes de vivendas e comercios