Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

11,00 horas (Parque de Montealegre) Actividade para escolares “O tesouro de Montealegre” na que, mediante a busca dun tesouro nenos e nenas aprenderán diferentes valores, como o traballo en equipo, a imaxinación e diversos valores ambientais.

 

12, 00 horas (Alameda) Saída da 33ª edición do Día da Bici.

 

12,00 horas (Auditorio, sala azul) Programación infantil . Lucecús Teatro representa a obra “PingüíSOS”

 

12,00 horas (Campo de fútbol das Eiroás) Final da segunda edición do Torneo Internacional Alevín fútbol 7, Mercedes-Benz Garza, que organizan esta fin de semana Club Deportivo Santa Teresita e BeOne coa colaboración do Concello, a Deputación e grupo La Región. Nel participan os equipos CF Porto (Portugal), Athletic Club de Bilbao, Grenaa IF (Dinamarca), Inter de Milán (Italia), Grupo Desportivo Chaves (Portugal), Deportivo de A Coruña, e dous equipos ourensáns: CD Santa Teresita e Pavillón

 

20,30 horas (Praza Maior) Keltia. A Praza Maior será o escenario polo que pasarán 5.000 anos de historia de Cultura Atlántica da man do musical Keltia. 35 actores, 8 músicos sobre o escenario acompañando en directo a representación e un grupo de gaiteiros son os vimbios cos que o musical pechará a súa xira por Galicia, desta vez cunha alusión moi importante á nosa cidade: “As augas termais de Ourense devolveranlle a vida aos galaicos mortos a mans dos romanos”, adiantaba Andrea Pousa, quen se converterá na deusa Eiré durante a representación.

 

20,30 horas (Auditorio) Sarabela Teatro representa “O Rei morre”, unha versión libre do texto orixinal de Eugene Ionesco que conta coa dirección de Ana Vallés, interpretada por Fernando Dacosta, Fina Calleja, Natividad Borrajo, Sabela Gago, Alfonso Míguez.