Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

10,30 horas (Salón de Plenos) Presentación do programa de actividades que se desenvolverán do 16 ao 22 de setembro na cidade para celebrar a Semana Europea da Mobilidade, que organiza o Concello. Asistirán os concelleiros de Medio Ambiente, José Araújo, e Deportes, Mario Guede a concelleira de Educación, Belén Iglesias, e o xefe provincial de Tráfico, David Llorente.

 

11,00 horas (Praza Maior) A Campaña de concienciación "Á caza da cabicha", que desenvolve o Concello percorrerá un venres máis as rúas da cidade, co obxectivo de sensibilizar e concienciar a xente que fuma do problema medioambiental que ocasiona tirar as cabichas do tabaco ao chan.

 

11,30 horas (IES Blanco Amor) O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e a concelleira de Educación, Belén Iglesias asisten ao acto de inauguración do curso escolar 2017/2018.

 

21,00 horas (Auditorio) Sarabela Teatro estrea a súa nova obra: O REI MORRE, unha versión libre do texto orixinal de Eugene Ionesco que conta
coa dirección de Ana Vallés, interpretada por Fernando Dacosta, Fina Calleja, Natividad Borrajo, Sabela Gago, Alfonso Míguez.