Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

10,00 a 14:00 horas (La Molinera) “Contabilidade para StartUps“. Actividade formativa impartida por Sonia García, da consultora Gaínza Partners, dentro do programa que a Escola de Organización Industrial desenvolve en La Molinera. Para todos os públicos, con entrada libre e gratuíta. Sonia García, con máis de 20 anos de experiencia en grupos de empresas internacionais, é experta no ámbito de servicios financieiros e desenvolveu importantes postos de responsabilidade.

 

10,00 horas (Confederación de Empresarios). O alcalde, Jesús Vázquez, asiste á presentación da “II Carreira de Empresas”, organizada por AJE Ourense.

 

10,30 horas (Rúa do Paseo. Diante do Centro Cultural José Ángel Valente). O alcalde, Jesús Vázquez, e a concelleira de Comercio, Flora Moure, visitan a carpa informativa da campaña “Dálle Luz á túa Factura”, que organiza a Consellería de Economía, Emprego e Industria.

 

11,00 horas (Salón de Plenos) Presentación do espectáculo KELTIA, que terá lugar o domingo na Praza Maior. Asistirán o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, a concelleira de Cultura, Belén Iglesias, o vicepresidente da Diputación de Ourense, Rosendo Fernández, e representantes da compañía.

 

11,30 horas (Salón de Plenos) Presentación do segundo Torneo internacional alevín de fútbol 7, que se disputará esta fin de semana no campo de fútbol de Eiroás. Asistirá o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e representantes da organización e entidades colaboradoras no campionato.

 

12,00 horas (Auditorio, sala principal) A Concellería de Educación do Concello de Ourense inaugura o curso 2017-2018 cunha actividade lúdico educativa dirixida ao alumnado da cidade. Consistirá na posta en escena do musical “Back to the Future” no que nenos e nenas son protagonistas xa que, tanto a orquesta como o grupo de baile son alumnos e alumnas da Escola Municipal de Música e Teatro de Ourense, e o público serán 600 escolares de 3º e 4º curso de Primaria de 10 centros de ensino da cidade. Asistirá a concelleira de Educación, Belén Iglesias.

 

17,00 horas (Centro cívico A Ponte) Charla informativa no marco da campaña Dálle Luz a Túa Factura, que organiza a Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia. No marco desta campaña, instalarase tamén unha carpa informativa de 10 a 14 horas na rúa do Paseo (diante do Centro cultural José Ángel Valente)

 

19,30 horas (Concellería de Igualdade, Só gráficos). Xuntanza do Consello Municipal de Igualdade. Asiste a concelleira Sofía Godoy. 

 

20,00 horas (La Molinera) O centro municipal acolle o MEETUP, unha plataforma de redes sociais que permite ás persoas que a integran reunirse na vida real a grupos unidos por un interese común.