Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

9,00 horas (Salón de Plenos) Pleno do Concello.

 

11,00 horas (Praza Maior) Reanúdase a campaña de concienciación "A caza da cabicha", que se desenvolverá desde as 11 ata as 14h. Sairá desde a Praza Maior e percorrerá o centro da cidade (Paseo, Parque de San Lázaro, Bedoya, Buenos Aires, Habana, Progreso e de novo Praza Maior). A campaña continuará todos os venres do mes de setembro, e ten como obxectivo sensibilizar e concienciar a xente que fuma do problema medioambiental que ocasiona tirar as cabichas do tabaco ao chan.

A campaña é resultado da colaboración das concellerías de Voluntariado, Medio Ambiente, Limpeza e Seguridade Cidadá, e a empresa concesionaria do servizo de limpeza, Ecourense, e a desenvolve Sustinea.

 

18,00 e 19,00 horas (Auditorio) Teatro para bebés. A compañía O Baúl da tía Tola representa a obra “Estrazalonia”, coa que dá inicio a programación infantil do Auditorio para o último cuadrimestre do ano.

Serán 2 representacións na Sala Apego, con aforo reducido, dirixidas a nenoe e nenas de ata 5 anos, que poderán acceder gratuitamente. As entradas para adultos son a 4 euros (3 euros en venda anticipada).