Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

08:30 horas. Sala de xuntas da alcaldía. [Só gráficos]. Xunta de goberno local.

 

10:00 horas. Salón de plenos. Rolda de prensa para dar conta dos asuntos tratados na xunta de goberno local.

 

10:00 horas. Concellería de Infraestruturas, 1º andar. [Só gráficos]. Reunión da Comisión técnica do procedemento de participación cidadá para a mellora da calidade ambiental e a mobilidade: pacificación do tráfico e integración da bici no casco urbano de Ourense.

 


11:30 horas. Fronte á igrexa de Portovello (As Lagoas). O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e o concelleiro de Infraestruturas, José Araújo, xunto cos responsables da empresa Valoriza, presentan as novidades que introduce o Servizo de Limpeza e Mantemento de Zonas Verdes do Concello de Ourense.


12:30 horas. Centro Cívico A Ponte. Festa de despedida dos nenos e nenas que participaron nas actividades de Verán 2017. Durante 2 meses 640 nenos e nenas participaron nestas actividades organizadas polas concellerías de Asuntos Sociais, Sanidade e Igualdade. (Todos os centros cívicos da cidade celebran festa a partir desa hora.) 

 

22:30 horas. Praza de San Martiño. Concerto de Pimentel Trio, dentro do programa Verán Cultural da Concellería de Cultura.