Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

10,30 horas (Campo de fútbol de Santa Cruz) O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, o concelleiro de Deportes, Mario Guede, e o asesor de Deportes da Deputación Provincial de Ourense, Bernardino González visitan as obras de construción de grada e reforma dos aseos, almacén e cafetería do campo de fútbol de Santa Cruz de Arrabaldo, realizadas a través dun convenio de colaboración entre o Concello e a Deputación.

 

12,00 horas (Catedral de Ourense, porta Norte) O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, a directora xeral de Patrimonio, Mª Carmen Martínez Insua e a secretaria territorial da Xunta de Galicia, Silvia Dorado visitan as obras de posta en valor da porta Norte da catedral ourensá realizadas pola Xunta de Galicia.