Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

10:00 horas. A Carballeira. Os concelleiros de Medio Ambiente, José Araújo, e de Xuventude, Sofía Godoy, visitan o campo de traballo 'Un rural para tod@s', acompañados dos técnicos de Xuventude do Concello de Ourense e da Xunta de Galicia.

 

11:00 horas. Campo de Fútbol de Palmés. Visita ás novas instalacións do campo de fútbol de Palmés. Asisten José Araújo, concelleiro de Infraestruturas; Jorge Pumar, concelleiro de Promoción Económica e vicepresidente da Deputación; Cándido Gómez, do Consello Municipal de Deportes; e a nova directiva do CD Palmés.

 

12:30 horas. Aula da Natureza (Oira). A concelleira Belén Iglesias asiste á actividade 'O labor dun can guía', onde 60 rapaces e rapazas de Educación Infantil (6/12 anos) coñecerán a Lucía Gonzalo Luengo, de 23 anos, estudante de Traballo Social, cega de berce. Estará acompañada por Lucy, unha cadela guía de 2 anos. Na charla explicaralles o importante servizo que lle presta a súa cadela na vida diaria. A actividade forma parte das Actividades de Conciliación de Verán da Concellería de Educación.

 

22:30 horas. Praza de San Martiño. Verán Cultural. Actuación musical de Uxía e o multi-instrumentista brasileiro Sérgio Tannus