Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

8,30 horas (Alcaldía, SÓ GRÁFICOS) Xunta de Goberno Local

 

10,00 horas (Salón de Plenos) Rolda de prensa para informar dos asuntos tratados na Xunta de Goberno Local.

 

11,00 horas (Praza Maior) Festa de verán 2017, organizada polo Concello de Ourense como remate do programa de actividades de conciliación da vida laboral e familiar organizadas durante o mes de xullo en centros educativos da cidade. 340 nenos e nenas que participaron no programa asistirán a esta festa, na que se desenvolverán actividades lúdicas variadas, como bailes, globoflexia ou circo e xogos populares. Asistirán o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e a concelleira de Educación, Belén Iglesias.

 

12,00 horas (Escola Oficial de Idiomas) O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e a delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira visitan as obras da reforma e ampliación Escola Oficial de Idiomas.

 

21,00 horas (Praza de San Martiño) A Banda de gaitas de Forcarei ofrecerá un concerto mañá, venres, 28 de xullo, na Praza de San Martiño, ás 21:00 horas. Media hora antes realizará un pasarrúas que sairá desde o Parque de San Lázaro ata a Praza Maior onde interpretará dúas pezas antes do seu concerto na Praza de San Martiño. Esta actividade está organizada polo Concello e a Axencia galega das industrias culturais (Agadic)