Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

09:45 horas (Praza Maior). O alcalde, Jesús Vázquez, recibe aos rapaces participantes no programa Conecta con Galicia, iniciativa da Secretaría Xeral de Emigración en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se pretende que a mocidade da diáspora coñeza de primeira man a realidade galega, e atoparse cos seus familiares en Galicia.

Os 57 rapaces e rapazas participantes iniciarán desde Ourense o Camiño de Santiago.

Asisten: o alcalde, Jesús Vázquez; o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda; o secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda; o subdelegado do Goberno, Roberto Castro; o vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández; e a delegada da Xunta en Ourense, Marisol Díaz.

 

12:00 horas (Castro de San Tomé). O alcalde, Jesús Vázquez, visita o taller de coaching para desenvolvemento persoal organizado polo Concello de Ourense, a través da Concellería de Xuventude.

 

21:00 horas (Ponte do Milenio. Punto de encontro: Do lado do barrio da Ponte). O alcalde, Jesús Vázquez, e a conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, visitan a Ponte do Milenio con motivo da posta en marcha do novo alumeado instalado nesta infraestrutura. (enviarase nota de prensa embargada)