Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

10:00 horas (Edificio do Campus Auga). O alcalde, Jesús Vázquez, asiste xunto ao conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez González​, a visitar as obras do Edificio do Campus da Auga (declaracións ao remate, en torno ás 10:40 horas, na entrada principal do mesmo edificio)

 

20,00 horas (Praza de San Martiño) A Escola Municipal de Teatro do Concello de Ourense representa a obra “Hamlet”, unha versión do orixinal de William Shakespeare desenvolvida pola directora, Thelma Joy Putnam e alumnos e alumnas da escola municipal como un desafío de crear unha versión cómica e doada de comprender dunha obra tráxica e complexa. Usando a metodoloxía do dramaturgo Jerzy Grotowski e a base da improvisación crearon unha obra para todos os públicos, a partir dos 7 anos, de 35 minutos que resulta divertida e sorprendente.