Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

11:00 horas. Soportais da Casa do Concello. Presentación do 7º Festival Internacional de danza e artes do corpo Corpo(a)Terra nas rúas de Ourense.Haberá unha actuación da bailarina e coreógrafa costarricense Estefanía Dondí e, despois, pasaremos ao Salón de Plenos, onde se explicarán as novidades desta sétima edición.

 


12:30 horas. Lugar Carqueixal s/n xunto ao CEIP Seixalbo. O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e os concelleiros de Deportes, Mario Guede, e Participación Cidadá, Carlos Campos, acompañados do deputado provincial Pablo Pérez, visitarán as obras de remodelación do campo de fútbol de Seixalbo. 

 


13:30 horas. CEIP O Couto. O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e a concelleira de Educación, Belén Iglesias, visitan o inicio das Actividades de Verán da Concellería de Educación. 

 


18:00 horas. AVV Castro de Beiro. O alcalde de Ourense, acompañado polos concelleiros de Infraestruturas, José Araújo, e de Participación Cidadá, Carlos Campos, visitan a AVV Castro de Beiro (Rúa Abeleda 21) 

 


20:00 horas. Casa do Concello. Como cada primeiro luns do mes, a Corporación Munic ipal concéntrase ás portas da Casa do Concello para amosar a repulsa pola violencia de xénero convocados polo CIMM.