Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

12:00 horas. Bulevar Termal das Burgas. A concelleira de Cultura, Belén Iglesias, asiste á Sesión Vermú e ao nicio do Enofestival 2017.

 

20:15 horas. AVV San Breixo de Seixalbo. O concelleiro de Participación Cidadá, Carlos Campos, asiste á entrega do Premio Freire Carril 2017, entregado pola Asociación Cultural Agromadas de Seixalbo, a Xosé González Martínez, presidente do Foro Enrique Peinador.

 

FESTAS DE OURENSE

 

ANIMACIÓN DE RÚA 12.30 Animación de rúa con Trópico de Grelos

 


OURENSE STREET FOUD Horario: De 13.00 a 16.00 e de 19.00 a 00.00 h.

13.00 Sesión DJ Manri.
21.00 Espectáculo danza-teatro de Nelson Quinteiro.
Lugar: Alameda de Bispo Cesáreo

 

FEIRA HISTÓRICA Lugar: Centro histórico da cidade

 

SESIÓN VERMÚ

12.00 Apertura do recinto.
12.30 Animación infantil.
13.30 Apertura espazo gastronómico, tapas e aperitivos baseados na gastronomía local, e concerto OK music band.
15.30 Remate.
Lugar: Bulevar Termal (Traseira das Burgas)

 


BATALLA DE FLORES 20:00 horas. Saída Baixo Alameda cara ao Progreso e percorrido circular entre Alférez Provisional (cruzamento Xoán XVIII) e Praza Concepción Arenal.

NOTA: Haberá cortes de tráfico desde as 19:30 horas. A Policía Local de Ourense recomenda seguir as indicacións dos axentes, empregar itinerarios alternativos e ter paciencia: estamos en Festas.

 


MICROTEATRO 20:00 a 21:15 “Los hijos de puta” con Sergio Pazos e Tonino Guitián . Coñece algún fillo da grandísima do ou da que lle gustaría desfacerse? Precisa liberarse dalgunha persoa tóxica, familiar, amigo, amiga, compañeiro, socia que lle fai a vida imposible? Nós temos a solución. Aínda que o stock global de filloputez xamais diminúa, ou ao contrario, aumente con estes tempos convulsos, nos podemos axudalo ou axudala! Visite as nosas instalacións! (6 pases de 15 minutos de duración) Ata completar aforo. Idade recomendada: Maiores de 18 anos. Lugar: Sala Valente

 


CONCERTO VERSIÓNS 20.00 De Vacas.
Premio Martín Códax da música. É un cuarteto musical que fai versións de grandes temas venerados polas masas e maltratados pola historia. Desde as Spice Girls ata o Gagnam Style, pasando por Enrique Iglesias ou Michael Teló...nun formato fresco e divertido. Nesta nova xira presentarán novo repertorio e os clásicos de sempre! Lugar: Praza San Martiño

 


ENOFESTIVAL OURENSE 2017 Promoción de viños ourensáns, contando coa presenza de seis adegas e colleiteiros/as, zona gastronómica mesturada con varias actuacións musicais, con grupos locais e unha formación “cabeza de cartel”, de ámbito estatal.


20.00 Apertura de portas
20.30 Concerto de M Carballo banda
21.45 The Limboos
23.00 Arizona Baby
Billeteira: 8 € - anticipada 6 € (máis gastos de distribución), menores de 14 anos gratis.
Venda de entradas: En ticketea.com, Trampitán e Peggy records
Público: Maiores de 18 anos e menores acompañados de nais, pais ou titor/a legal
Lugar: Bulevar Termal (Traseira das Burgas)

 

CONCERTO POP ROCK 21.00 The Wallas.

Que teñen The Wallas que The Guardian, un dos diarios máis importantes e influentes do mundo destacounos recentemente como unha das mellores bandas de garaxe? “Sangre, Sudor y LaGrima” é o título do seu primeiro LP, que presentaron o 12 de maio na sala “Él sótano de Madrid”, ocasión onde demostraron a aposta do diario británico pola música. Lugar: Praza do Ferro

 

TEATRO NO AUDITORIO 22.00 A última cornixa do mundo, da Aula de teatro universitaria de Ourense. Poesía e sensualidade, humor latente, canto doce, berro sobre as ondas e os trebóns, amor profundo, odio nas entrañas, procura incesante de arte e ciencia,...silencio, non ditos...iso é moito máis ábrese diante de nós nesta obra oceánica. Prezo: 2 € Venda de entradas: Na billeteira do Auditorio dúas horas antes da función. Lugar: Sala principal

 


CONCERTO PRAZA MAIOR. Aforo limitado.

22.30 JOHN AXIOM BAND. Con motivo das Festas John Axiom presenta o seu novo traballo acompañado da súa banda. Baixo o nome “ The muse of my heart” este xove ourensán presenta o seu primeiro álbum, no que intenta expresar dun modo musical pero tamén visual, os tipos de sentimentos nos que John se viu inmerso ao longo dos últimos anos: experiencias vitais que conforman esa musa da que extrae a súa inspiración.

E de seguido: CARLOS JEAN. Naceu en Ferrol, na Coruña e, tras case 20 anos no mundo da música, consolidouse na actualidade coma un dos artistas de maior relevancia na industria musical. Nominado ata 6 veces aos Grammy e cun premio ondas ao mellor DJ, a súa capacidade para entender e conxugar os diferentes mundos que conforman a industria, sempre á última nas tendencias musicais, fan del un dos creadores máis polifacéticos do panorama español. Músico, cantante, produtor e Dj, Carlos Jean é, sen lugar a dúbidas, unha das pezas claves do pasado, o presente e o futuro da música no Estado.

 

XIX OURENSE DANCE. Xardín do Posío, 23.00 horas. Actuacións, Dj, baile, gogós, mangueirazos, agasallos... Pedímosche colaboración con alimentación infantil (potitos, leite para bebé, iogur, papas...) con Amencer. Organiza: Cadena 100. Colabora: Asociación Xuvenil Amencer

 


FOGOS ARTIFICIAIS 00.30 Espectáculo pirotécnico a cargo da Pirotecnia Josman. Lugar: Marxe dereita do río Miño

 

BAILE 01.00 Baile coa orquestra Olympus. Lugar: Rúa do Progreso

 


DEPORTES 8.00 a 20.00 Natación: campionato galego alevín. Lugar: Pavillón dos Remedios, piscina Rosario Dueñas.