Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

10:00 horas. Botánico de Montealegre. Obradoiro 'MOTIVACIÓN para medrar e acadar as túas metas'.  Até as 14:00 horas.

 

10:30 horas. Concellería de Infraestruturas. Só Gráficos. Reunión da Comisión Técnica do Móvete por Ourense, para a selección dos compoñentes do Grupo Motor.

 

16:30 horas. Botánico de Montealegre. Obradoiro 'COMUNICACIÓN para o éxito'. Até as 20:30 horas.

 

17:00 horas. Rúas do Casco Histórico. A concelleira de Cultura, Belén Iglesias, e o director da Feira Medieval, Juan Balconet, visitarán os postos do mercado Medieval.

 

FESTAS DE OURENSE

 

ANIMACIÓN DE RÚA 12.30 Animación de rúa coa charanga Nova Terra de Trives.

 


OURENSE STREET FOUD Horario: De 13.00 a 16.00 e de 19.00 a 00.00 h. 21.00 Animación con Trópico de Grelos. Lugar: Alameda de Bispo Cesáreo.

 


FEIRA HISTÓRICA Lugar: Centro histórico da cidade.

 


ESPAZO BEBÉS 11.00 a 13.30 e 18.00 a 20.30 h
Espazo de experimentación e xogo libre do Picapau (Cataluña). Aforo limitado: 80 nenos e nenas. Idade recomendada: 0 a 8 anos. Lugar: Xardíns Padre Feijoo.

 


TEATRO DE RÚA 12.00 e 20.00 horas. Mago Teto. Maxia. “25 anos de tolemaxias”. Unha montaxe cos números que maior impacto causaron no público nos 25 anos que o Mago Teto leva enriba dos escenarios. Entretido, estético, emotivo, pero sobre todo, cheo de ilusión e ilusións para todos os públicos e todas as idades. Lugar: Alameda do Bispo Cesáreo.

 

MICROTEATRO 20:00 a 21:15 “Los hijos de puta” con Sergio Pazos e Tonino Guitián . Coñece algún fillo da grandísima do ou da que lle gustaría desfacerse? Precisa liberarse dalgunha persoa tóxica, familiar, amigo, amiga, compañeiro, socia que lle fai a vida imposible? Nós temos a solución. Aínda que o stock global de filloputez xamais diminúa, ou ao contrario, aumente con estes tempos convulsos, nos podemos axudalo ou axudala! Visite as nosas instalacións! (6 pases de 15 minutos de duración) Ata completar aforo. Idade recomendada: maiores de 18 anos Lugar: Sala Valente

 


CONCERTO FLAMENCO 20.00 Diego Pacheco “Mesteño”. O guitarrista e compositor convídanos a unha viaxe musical na que fusiona o Flamenco co Jazz, Blues, Funk e o Western. Acompañado por 6 músicos e 4 bailaores preséntanos a súa particular visión da mestizaxe musical. Lugar: Praza San Martiño.

 


CONCERTO POP ROCK 21.00 Pardo. Nestor Pardo forma a súa primeira banda en 2004 con só 19 anos. É o seu líder como cantante, guitarrista e compositor ata 2009. Formación de corte Rock-a-billy, editan 2 álbums e levan o seu show por Europa, sendo cabezas de cartel en varios festivais de Holanda e Alemaña. Lugar: Praza do Ferro.

 


CONCERTO PRAZA MAIOR Aforo limitado.

22.30 ESPOSA. Esposa saltan, bailan e sorrín mentres cantan as súas cancións de pop rápido, e iso despista. A alegría da súa música e a naturalidade da súa actitude pode levar a pasar por alto as tensións que latexan debaixo e que os fan ser un grupo atípico: as letras en galego retratan a personaxes con identidades en conflito e dúbidas xeracionais, as guitarras e as baterías nerviosas contrastan con dous sintetizadores máis atmosféricos, e as voces femininas e as masculinas conflúen, unhas veces en temas eléctricos e velvetianos e outras nunha delicadeza que lembra aos “Yo La Tengo” máis sutís. Nin antigos nin modernos, nin banais nin pretensiosos, todo o que hai que rascar debaixo da superficie leva a identificar neles a cualidade clave do mellor pop: unha sinxeleza enganosa.

LEÓN BENAVENTE: Grupo formado en 2012, que xurde da reunión de 4 amigos e veteranos músicos: Luis Rodríguez (guitarra), Abraham Boba (voz, teclados), César Verdú (batería) e Eduardo Baos (bajo, sintetizadores). A súa música rock ten melodías pegadizas e certos escuros toques oitenteiros, e moitas das súas letras reflicten a difícil realidade nos últimos tempos.

 

CONCERTO XARDÍN DO POSÍO Aforo Limitado. 21.00 Apertura de portas. Prezo:5 € anticipada e 7 € na billeteira


22.00 ROCKET DJ. As sesións de Rocket Dj caracterízanse por ser un percorrido musical no tempo, desde hits internacionais, pasando por reedits de grandes do rock internacional, sempre con sutís entregas de bailables remiesturas dos 80 e 90 coñecidas por todos e todas, ata chegar aos temas con máis pegada do momento, frescos e bailongos.

23.00 SWEET CALIFORNIA. Pasaron de ser unha promesa a converterse nun grupo consolidado entre o público adolescente e xuvenil do Estado e cada vez con máis adeptos no estranxeiro. Os seus seguidores e seguidoras abarrotan as súas sinaturas de discos e esgotan as entradas dos seus concertos.
Son unha sensación en Youtube, onde non só se aloxan os seus videoclips senón tamén vídeo blogs semanais que as converten nunhas das youtubeiras máis potentes, acumulando 400.000 subscritores e máis de 120 millóns de visualizacións en tempo récord. Tamén foron nominadas e gañadoras nos premios máis prestixiosos: Premio MTV Europe Music Awards - Mellor Artista Español 2015, Premios 40 Principales - Mellor Artista Revelación, Mellor Videoclip "Wonder Woman", Premios Neox - Mellor Artista…
Ollo: Os/as menores de idade que teñan entre 0 e 12 anos, ambos os dous inclusive, poderán acceder ao concerto pagando a entrada correspondente, cubrindo un formulario, que está no web de ataquilla ou que se entregará nos accesos ao recinto, e acompañados polo/s seu/s pai/nai ou titor/a. Os/as menores de idade de entre 13 e 17 anos adquirirán a súa entrada correspondente e poderán acceder ao recinto nas mesmas condicións que as persoas adultas, sen necesidade de ir acompañados/as, pero tamén terán que cubrir e entregar este documento nos accesos ao recinto.

 

BAILE 01.00 horas. Verbena coa orquestra Fórmula. Lugar: Rúa Progreso.

 


DEPORTES 10.00 Basket: Campionato senior 3X3. Lugar: Pavillón dos Remedios