Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

08:30 horasSala de xuntas da Alcaldía. Só gráficos. Xunta de goberno local.

 

10:00 horas. Salón de Plenos. Rolda de prensa para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de Goberno Local.

 

11:00 horas. Sala de Xuntas do Consello Municipal de Deportes. Presentación do Tai-Chi na rúa. Asiste o concelleiro de Deportes, Mario Guede.

 

11:00 horas. Centro Cívico Colón. Só gráficos.  Consello Municipal dos Servizos Sociais. Asiste a concelleira Sofía Godoy.

 

11:00 horas. Salón de plenos. O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, recibe os alumnos ourensáns que participaron no Rally Matemático de Tolouse.

 

11:45 horas. Pavillón dos Remedios. Clausura das Actividades Acuáticas para embarazadas da Concellería de Sanidade.

 

13:00 horas. Ervedelo, 52. O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, asiste á inauguración dun novo supermercado GADIS na rúa Ervedelo.

 

17:00 horas. La Molinera Entrega de diplomas aos alumnos participantes nos cursos da aula CeMIT no primeiro semestre de 2017 (anexamos nota de prensa). Asiste o concelleiro Jorge Pumar

 

19:30 horas. Biblioteca Pública. O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, asiste á presentación do libro Uno de tantos, de José Balboa.

 

FESTAS DE OURENSE

Animación de rúa. Desde as 12:30 horas coa charanga Dr Anchoa.


OURENSE STREET FOUD. Horario: De 13.00 a 16.00 e de 19.00 a 00.00 h
21.00 DJ Manri
Lugar: Alameda de Bispo Cesáreo

 

FEIRA HISTÓRICA. Lugar: Centro histórico da cidade.

 

ESPAZO BEBÉS. 11.00 a 13.30 e 18.00 a 20.30 h Espazo de experimentación e xogo libre do Picapau (Cataluña). Aforo limitado: 80 nenos e nenas. Idade recomendada: 0 a 8 anos. Lugar: Xardíns Padre Feijoo.

 

TEATRO 12.00 e 20.00 Mago Lebart. Maxia, Danza e Clown. “O show do mago Lebart”. O mago Lebart coa súa pegada e a combinación de diferentes disciplinas tales como a maxia, teatro, danza e clown leva o público ao asombro, ás risas e á emoción. Un espectáculo que navega e pon en acción todos os sentidos do espectador. Lugar: Alameda de Bispo Cesáreo.


CONCERTO POP ROCK 20.00 The Shivas (Portland, Oregón). Tres formas, tres cerebros, tres sensibilidades...coma a deidade hindú da que toman prestado o seu nome. É unha deliciosa volta de rosca á psicodelia sesenteira e aos sons ácidos da Costa Oeste. Lugar: Praza San Martiño.


CONCERTO ROCK. 21.00 Tractor Troy. Banda formada en Pontevedra no ano 2011, considerados unha banda maldita, estes predicadores do rock, da alta voltaxe, da furia guitarreira e das coreografías grupais, intentan reconciliarse co mundo a través da súa música...o rock verdadeiro. Veñen de publicar o seu segundo disco, “Muy Postre". Lugar: Praza do Ferro.


CONCERTO. 22.30 CAXADE, ORQUESTRADA E SONORO MAXÍN.

  • Con CAXADE chega o folk-pop con música minimalista, elegante, modesta e sinxela, surrealismo post-modernista cun discurso reivindicativo, metafórico e irónico, despois do seu primeiro traballo discográfico“A dança dos Moscas” presentan o seu novo disco “E isto é o amor”.
  • O grupo ORQUESTRADA crea un swing único e cosmopolita inspirado nas raíces da música portuguesa, presentarán “ Atlantic Beat Mad´in Portugal”, un disco que propón Portugal como o balcón europeo coas mellores vistas para o mundo.
  • O SONORO MAXÍN é unha das bandas máis emblemáticas do panorama galego actual, con elas/es estoupa a Galiza tropical, ao berro da “Festa son eu!” o grupo ourensán reinvéntase e volve ás estradas galegas cun novo directo cheo de novidades.

AFORO LIMITADO Lugar: Praza Maior.


DEPORTES: Desde as 10:00 horas. Basket: Campionato base 3X3 . Lugar: Pavillón dos Remedios