Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

10:00 horasRúa do Paseo. Fronte á sala Valente. Mesa informativa para conmemorar o Día do Orgullo LGTBIQ+

 

10:15 horas. Centro de Promoción da Saúde (r. Vasco da Ponte 1). Clausura dos Cursos de Pilates para embarazadas.

 

10:30 horas. Instalacións municipais de Oira. O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, visita o estado do céspede.

 

13:00 horas. Igrexa San Domingos de Bonaval - Santiago de Compostela O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, asiste á entrega de Medallas Castelao 2017

 

19:00 horas. Centro de Promoción da Saúde (r. Vasco da Ponte 1). Clausura dos Cursos de Ioga para embarazadas.

 

20:30 horas. Campo municipal de Velle. O alcalde de Ourense asiste á entrega de trofeos do I Memorial Secundino Basalo.

 

FESTAS DE OURENSE

 

OURENSE STREET FOUD
Horario: De 13.00 a 16.00 e de 19.00 a 00.00 h Lugar: Alameda de Bispo Cesáreo

 

ESPAZO BEBÉS
11.00 a 13.30 e 18.00 a 20.30 h Espazo de experimentación e xogo libre do Picapau (Cataluña)

Aforo limitado: 80 nenos e nenas. Idade recomendada: 0 a 8 anos. Lugar: Xardíns Padre Feijoo

 

TEATRO
12.00 e 20.00 Inconfundibles (Cataluña). Diábolo, música e circo. O concerto está a piques de comezar. Os excéntricos irmáns teñen todo preparado, todo cunha calculada desorde. Pero aínda queda unha dúbida: Se Beethoven nacese hoxe sería rockeiro ou malabarista?. Efectivamente eles tampouco o saben. Unha mestura de música, circo e humor...sobre todo moito humor. Lugar: Alameda de Bispo Cesáreo

 

CONCERTO VOCES
20.00 Xestreu . Xestreu son 5 mulleres que rachando coas fronteiras e cos prexuízos incorporan os cantos dos pobos do mundo á súa forma de entender a música, o seu repertorio abrangue temas de tan diversas procedencia como Galicia, Portugal, o Magreb, Ucraína, Mexico ou Macedonia entre outros; este ano presentaron o seu disco "NON ME TOQUES A SAIA" que ademais levou consigo unha campaña de apoio á muller e contra a violencia de xénero. Lugar: Praza San Martiño

 

CONCERTO POP ROCK
21.00 Puma Pumku. Psicodelia ou morte, eso é Puma Pumku, unha nova banda de Santiago que acaba de gravar o seu primeiro disco. As súas referencias van desde Deerhunter, pasando por Tame Impala, os Beatles do “Revolver” ou a dos primeiros Pink Floyd. Eles son Amadeo Varela, Óscar Raña, Coque Dosil e Guillermo Cavero. Lugar: Praza do Ferro

 

CONCERTO
22.30 THEE BLIND CROWS. Son un dúo que xorde hai 9 anos do cruzamento de camiños entre o Blues e o Punk. Un son cru e frenético que fará vibrar ata a extenuación. Unha viaxe que leva de Mississippi a Detroit a través dos sons máis primitivos e pantanosos. Un explosivo que ao detonar expande toda a súa metralla, quebrando pescozos e provocando convulsións.

E a continuación: BURNING. Levan máis de corenta anos na música. A música de Burning é canalla, castiza, chulesca e nostálxica. A súa música transpórtanos aos amores que nunca tivemos, as barras que nunca soportaron as nosas penas e os cigarros que deixamos de fumar. A súa música é para perdedores, para solitarios, para os amantes do esquecemento, de historias inconclusas, de onte e de xa cho dixen. O seu verbo fácil, a súa mirada turbia e o cheiro do fume son, para calquera alma sensible, un déja-vu. Exercicios de nostalxia que rememoran unha escena non vivida senón por vivir.

Aforo Limitado Lugar: Praza Maior

 

DEPORTES
De 9:00 a 21:00 Fútbol 8: Trofeo “I Memorial Secundino Basalo”. Lugar: Campo de VELLE