Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

11:30 horas. Instalacións da Escola Infantil A Galiña Azul de Barrocás. O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, visita as instalacións da Galiña azul xunto ao conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, a directora xeral de Xuventude, Cecilia Vázquez Suárez, e as concelleiras de Educación e Xuventude, Belén Iglesias e Sofía Godoy.

 

12:30 horas. Sala de Xuntas -2º andar- da Casa de Chocolate. O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, asinan o convenio para o desenvolvemento do campamento de verán Un rural para todos. Asisten, tamén, a directora xeral de Xuventude, Cecilia Vázquez, a delegada da Xunta en Ourense, Marisol Díaz, e os alcaldes de Celanova, Esgos e Riós.

 

22:00 horas. Ponte Romana. A ponte romana de Ourense iluminarase coa bandeira do arco da vella con motivo do día do Orgullo LGTBi, que se celebra o mércores 28.

 

FESTAS DE OURENSE

 

Ourense Street Foud
Horario: De 13.00 a 16.00 e de 19.00 a 00.00 horas. 21.00 horas Concerto The Vegabonds. Lugar: Alameda de Bispo Cesáreo

 

Espazo Bebés
11.00 a 13.30 e 18.00 a 20.30 horas Espazo de experimentación e xogo libre do Picapau (Cataluña). Aforo limitado: 80 nenos e nenas. Idade recomendada: 0 a 8 anos. Lugar: Xardíns Padre Feijoo

 

Teatro
12.00 e 20.00 horas Circo Baya. Mimo, Clown e Acrobacias. “A viaxe do mércores”. Na plataforma dunha vella estación crúzanse os destinos de dúas personaxes que compartirán unha aventura inesquecible. Lugar: Alameda de Bispo Cesáreo

 

Concerto versións
20.00 horas. Tonichi e Pacheco. Flamenco, rumba, Manouche, Rock Blues...”Un espectáculo para todos os públicos, un pracer para todos os sentidos” Lugar: Praza San Martiño.

 

Concerto Praza Maior
22.30 horas. LOS DIABLOS. Comezaron como “Los Diablillos del Rock”, para pasar no 1967 a “Los Diablos” e en 1970 lanzaron o seu maior éxito, Un rayo de sol, do que venderon un millón de discos en 3 meses. Fin de semana, Oh, Oh Julia, Acalorado, Mi Talisman entre outras son temas que seguen en activo. AFORO LIMITADO.

 

Deportes
10.00 a 20.00 horas. Volei Praia: Torneo Festas Ourense. Lugar: Instalación de Oira

 

Exposicións

 

  • Sala Valente - Exposición: Estridencias, de Ángel Soldevilla e Luis Vecino. Estridencias é arte. Arte necesaria. Diálogo entre os autores que a través da obra conceptual quere pór en valor a discrepancia e problemática que hai hoxe no mundo da Arte. Un uso e consumo do que se nos di a través da televisión e a publicidade. Horario: De martes a sábado de 11:00 a 13:30 e de 18:30 a 21:30 e os domingos de 11:00 a 13:30. Os luns o espazo permanecerá pechado
  • Museo Municipal - Exposición: Tempo, de Isabel Seidel. Sala I e II. Esta exposición reflexa a vida urbana na súa ampla variedade a través da acuarela, xogando co contraste de luces e sombras tan acentuado nas rúas e prazas ourensás. Mostra o típico e recoñecible ao lado de escenas cotiás e sempre desde unha perspectiva e un colorido subxectivos. Lugar: Rúa Lepanto. Horario: De martes a sábado de 11:30 a 13:30 e de 18:30 a 21:30 e os domingos de 11:30 a 13:30. Os luns o espazo permanecerá pechado
  • Espazo expositivo Arturo Baltar. Lugar: Praza de San Cosme e San Damián. Horario: De luns a venres de 12:00 a 14:00
  • Claustro de San Francisco - Lugar: Antigo cuartel de San Francisco, a carón do Albergue de peregrinos. Horario: De martes a sábado de 11:30 a 13:30 e de 18:30 a 21:30 e os domingos de 11:30 a 13:30. Os luns o espazo permanecerá pechado.