Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

10,30 horas (Salón de Plenos) Presentación do Torneo de Fútbol 8 Memorial Secundino Basalo Alonso. Asiste o concelleiro de Deportes, Mario Guede.

 

13,00 horas (La Molinera) O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e o concelleiro de Promoción Económica, Jorge Pumar, asisten ao inicio do Campamento Tecnolóxico do Centro de Coñecemento La Molinera.

 

FESTAS DE OURENSE 2017

 

OURENSE STREET FOUD

Horario: De 13.00 a 16.00 e de 19.00 a 00.00 horas

21.00 horas Concerto En mala hora

Lugar: Alameda de Bispo Cesáreo

 

ESPAZO BEBÉS

11.00 a 13.30 e 18.00 a 20.30 horas Espazo de experimentación e xogo libre do Picapau (Cataluña)

Aforo limitado: 80 nenos e nenas

Idade recomendada: 0 a 8 anos

Lugar: Xardíns Padre Feijoo

 

TEATRO

12.00 e 20.00 horas. Kanagadama. Circo Clown Aéreos. “Metamorfose”. Unha reflexión en clave de humor sobre a vida, o amor e o éxito. Xogo, delirio, sorpresa e ilusión baixo o impulso constante da risa.

Lugar: Alameda de Bispo Cesáreo

 

CONCERTO E-POESÍA

20.00 horas Cinta Adhesiva. Cinta adhesiva ofrece concertos poéticos. Reparte música, posta en escena e imaxes a partes iguais. Diferentes disciplinas ao servizo dunha experiencia de fonda intensidade

Lugar: Praza San Martiño

 

CONCERTO

22.30 horas LA EDAD DE ORO DEL POP ESPAÑOL. Despois de 140 concertos desde o ano 2014, Alberto Comesaña, Joaquín Padilla, Pablo Perea e Chus Herranz, La Edad del Oro del Pop Español acompañados por unha excelente banda de catro músicos, seguen unha tempada máis na estrada, e xa é a cuarta.

“Sabor de amor, la chica de ayer, El Límite, Hijo de la luna, Déjame” e un longo etc. Son algunhas das cancións que compoñen o seu espectacular directo. A movida continúa coa Edad del Oro del Pop Español.

AFORO LIMITADO

Lugar: Praza Maior

 

DEPORTES


12.00 a 20.00 horas. Fútbol Sala: ATOX Maratón “Día Internacional contra a Droga”

Lugar: Pavillón dos Remedios