Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Goberno

11,00 horas (Lugo) O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, asiste á Ofrenda do Antigo Reino de Galicia.

 

FESTAS DE OURENSE 2017

 

12.30 Animación de rúa con Aperta

 

OURENSE STREET FOUD

 

Horario: De 13.00 a 16.00 e de 19.00 a 00.00 horas

Concertos de:

13.00 horas. Soul&Roll

21.00 horas. Best Life

Lugar: Alameda de Bispo Cesáreo

 

TEATRO

 

12.00 e 20.00 horas. Desastronauts. Circo Aéreos. “Un día de praia”. Un espectáculo de verán cunha linguaxe visual apta para todos os públicos e que conta coa emoción das acrobacias aéreas. Un show brillante, cheo de adrenalina, acción e enerxía.

Lugar: Alameda de Bispo Cesáreo

 

CONCERTO BANDA DE MÚSICA

 

13.00 horas. Banda de música de Sanguinhedo (Vila Real)

Lugar: Parque de San Lázaro

 

CONCERTO VOCES

 

20.00 horas. Coral de Ruada coa colaboración de “Toxos e Froles” de Ferrol e “Abertal” da Rúa.

A Coral De Ruada, foi creada e fundada no ano 1918 polos ourensáns Fabriciano Iglesias, Xabier Prado "Lameiro", Xulio Prieto Nespereira, Virxilio Fernández e Cesáreo Eire nun chalé, aínda existente, chamado "Villa Joaquina" na Avda. Zamora. Presentouse no salón Apolo de Ourense, o 24 de xuño de 1919 e en Madrid en 1920.

Actualmente está dirixida por Xoán Antón Vázquez Casas e o vindeiro ano 2018 celebrará o seu centenario"

Lugar: Praza San Martiño

 

CARREIRA DO CORPUS-CIRCUITO DE CARREIRAS POPULARES CORRENDO POR OURENSE

 

Saídas ás 12,00 horas:Pitufos, 12,05b horas: Benxamín, Alevín, 12,15 horas: Infantil e Cadete, 12,30 horas: Xuvenil, Junior, Promesa, Senior e Veteranos

Percorrido: Rúa do Paseo, Concello, Xoán XXIII, Progreso, Av. de Pontevedra, Lamas Carvajal, Paseo.

 

CONCERTO

 

22.30 horas.  LOS PUNTOS. Hoxe, como nas súas orixes, case 50 anos despois do seu inicio, como lle gusta dicir ao seu líder e ao seu fundador Pepe Grano de Oro: “Los Puntos” non son outra cousa que un proxecto definido, unha idea creativa clara, todo baseado no descubrimento dunha personalidade musical, acorde cos seus intérpretes e incombustible mentres queiran, e que sen dúbida, sobrevivirá a calquera dos seus compoñentes.

AFORO LIMITADO

Lugar: Praza Maior

 

DEPORTES

 

9.00 a 14.00 horas. Wu Shu: XVI Trofeo Internacional Cidade de Ourense

Lugar: Pavillón dos Remedios

 

12.00 horas. Pedestrismo: VII Carreira Popular correndo por Ourense

Lugar: Rúas do centro da cidade